Xa temos dispoñible a última versión do programa de Fran Macías, para facer as nosas actividades multimedia educativas. A version 4.1 Unicode para traballar con caracteres UTF-8 (multiidioma)
![]() WINDOWS.
EdiLIM 4.1. Esta versión está deseñada específicamente para traballar con caracteres UTF-8, pero debido a que non tódolos sistemas Windows teñen soporte para unicode, pode que non funcione de xeito completo en windows 95-98 ou XP. Externamente son iguais, non hai diferenzas en canto á forma de uso. http://educalim.com/descargas.htm LINUX EdiLIM 4.1. Versión unicode. Preséntase en dous formatos: standalone ( sen instalación ) e como paquete debian (deb). http://educalim.com/linux.htm OsX A versión para este sistema operativa está nas primeiras fases de desenvolvemento. http://educalim.com/lab.htm A Accesibilidade xa na version anterior 3.30 estaba moi mellorada. Entre as novedades na mellora da accesibilidade, LIM ten tres comportamentos, é dicir cando se inicia LIM "observa" o entorno no que se reproduce: 1.- Normal, con flash player de adobe. 2.- Con gnash , reprodutor libre para linux. Non hai compatibilidade total pero avanzamos para chegar ao 100% 3.- Con un "lector de pantalla" que funcione no ordenador (JAWS, NVDA, etc) , neste caso LIM comunicase co lector e reproduce os textos de forma falada, ademais ofrece outras informacions ao usuario ; informe de avaliación falado, nome dos botons, etc. Esto faino no idioma correspondente de LIM, por eso a versión 3.30 presentarase en varios idiomas, no sólo EdiLIM. Xa hai tamén unha versión feita expresamente para LINUX
http://www.educalim.com/linux.htm
Trátase de aumentala accesibilidade, pero desgraciadamente non tanto coma nos gustaría (pero damos pasos). A etiqueta ALT nalgunhas imaxes serve para que LIM mediante o lector ofreza ao usuario información falada sobre o elemento multimedia e "navegar" co el Tabulador, Enter e Barra espaciadora para obter información en audio da pantalla na que estamos, así como dos botons principais. Ademais hai novos tipos de páxinas, agora ata 51, con crebacabezas irregulares, etiquetas, fórmulas, novas "pieles" e un longo etcétera, coma un editor visual para as páxinas do texto e o autor pode fixar o avance ou retroceso entre páxinas, etc. Dende a versión 3.2 de EdiLIM tamén elimina espazos, ñ... dos nomes de arquivos. Os cambia por outros caracteres, así evítanse posibles fallos na internet. http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html A versión 3.2 está publicada na seguinte ligazón: http://www.educalim.com/descargas.htm |