INTEGRAR LIM EN NOTEBOOK . | Arquivo de exemplo: exemplo.notebook | Necesario: - Notebook ( neste caso Notebook10 beta).
- EdiLIM ( para crear o libro-LIM).
- 7zip ( ou calquera programa para arquivos zip)
| Importante: O libro-LIM debe ter o nome de "libro.lim", ( nome por defecto que busca o player ). Se xa creou un libro-LIM e quere utilizalo en Notebook, cambie o nome do arquivo .lim |  | Iniciamos Notebook e creamos unha páxina. |  | Engadimos ao repositorio de recursos o arquivo lim.swf,que aparecerá no grupo "Contidos interactivos e multimedia". Este paso só teremos que facelo a primeira vez, porque lim.swf estará dispoñible sempre que iniciemos Notebook. Arrastramos lim.swf á páxina. |  | Colocamos o arquivo, o dimensionamos segundo as nosas preferencias. Lembre que LIM adáptase a calquera tamaño, incluso pode xiralo. Como non hai contido o marco aparece en branco. |  | Gardamos o proxecto. Neste exemplo utilizamos o nome proba.notebook. Localizamos proba.notebook no ordenador e cambiamos a extensión .notebook por .zip e o abrimos cun programa para arquivos comprimidos, por exemplo 7zip. Ésta é a estructura de directorios dun arquivo notebook. Abrimos o cartafol "flash"..... |  | ...... no cartafol "flash" aparecen os recursos flash, separados en directorios. Neste caso só incluimos un libro-LIM, pero se foran varios aparecerían en cartafols:flash1, flash12, flash13, etc. |  | Abrimos "flash1" e atopamos lim.swf, agora só temos que traer a este directorio o arquivo libro.lim e as imaxes ( mellor que os elementos multimedia: imaxes,sons,vídeos,etc estean agrupados nuncartafol). Importante: o arquivo LIM ten que ter o nomelibro.lim, porque é o que por defecto utiliza o player. |  | Así queda o directorio. libro.lim: o arquivo XML de configuración. demo250: directorio cos elementos multimedia. Comprimimos tódolos arquivos de notebook ( ver imaxe 4 ) en formato zip. Cambiamos a extensión .zip por .notebook. |  | Abrimos o arquivo con Notebook e agora podemos ver o libro-LIM funcionando correctamente. Podemos integrar varios libros-LIM na mesma páxina ou en páxinas distintas. Os libros-LIM poden ter só unha actividade, pero neste caso é preferible incluir un botón coa función "repite" para que poda reiniciarse a actividade. Se alguén sabe doutro método para inserir LIM en Notebook, pode completar este artigo. | | | Notebook é un producto de SMART Technologies Inc. | LIM é un producto Educalim. | | |
http://educalim.com/lab/notebook/lim_note_gz.htm
|
|