TADEGa.net

TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) é un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dun xeito especial, na Atención á Diversidade, é dicir:
  • A discapacidade.
  • A multiculturalidade.
  • O mundo do maior.
  • O mundo rural.
  • As altas capacidades.
  • A marxinalidade social.

E todo un longo etc. que abrangue a todas as persoas que, os que se cren normais chaman diferentes, (aínda que na realidade tal distinción é absurda e discriminatoria).

O caso é que as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) veñen sendo unha nova ferramenta á vez que medios de comunicación múltiples e, no lugar de axudar á integración de todos, aínda incrementan a segregación de quen non poden acceder a elas por causa dos nosos deficientes e discriminatorios deseños.

O noso obxectivo é dobre: por un lado rachar esta fenda dixital (así é como se chama esta inxusta situación) e, pola outra: investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar e propor as ferramentas, as maneiras, e os métodos para obter o mellor proveito destas tecnoloxías dixitais nos campos educativos nos que estamos a traballar.

Este é o noso compromiso, e este traballo sempre nos terá entretidos e ocupados; o labor sempre estará inacabado; a mellora sempre é posible.

SERVIZOS:

www.tadega.net

Comments