Xandre, o elefante sen sombra

Os Contos de Xandre é un conto multimedia feito por TADEGA que mereceu unha axuda do Ministerio de Educación para a elaboración de materiais didácticos que desenvolvan a comprensión lectora.

O proxecto móvese dentro da etapa de infantil, concretamente 2º ciclo de Educación Infantil e o 1º Ciclo de Educación Primaria, co fin de desenvolver as subseguintes competencias básicas: 
- Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión. 
- Iniciarse e mellorar as habilidades na lectoescritura. 
- Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas e no movemento, o xesto e o ritmo. 
- Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, adquirindo autonomía nas súas actividades habituais e a capacidade de iniciativa e confianza en si mesmos. 
 - Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social. 
- Desenvolver as súas capacidades afectivas, respondendo aos sentimentos de afecto, respectando a diversidade e as diferenzas, e desenvolvendo actitudes de axuda e colaboración. 
- Relacionarse cos demais e adquirir pautas de convivencia e relación social. 

 Conforme á LOMCE, todos os obxectivos propostos abórdanse de xeito integral e conxunto no noso proxecto, co fin de que contribúan ao desenvolvemento global de nenas e nenos.



http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html
Comments