Xogamos?

Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos dedicados a elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta.

Ferramentas para a creación de xogos:

 

Xoga é un script en flash que permite a utilización dos xogos en diversos sistemas operativos ademáis de Internet.

Nas seguintes páxinas facemos unha descrición das características e forma de uso das ferramentas xoga,EdiPre e DEX , e tamén recollemos algúns exemplos elaborados con estas aplicacións.

 


Xose Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías      Setembro de 2007

Iste traballo mereceu o 1º Premio Ferramentas de autor nos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007 da Xunta de Galicia. 

Sitio web no Espazo Abalar:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1292832911/contido/index.html

VERSIÓN EN ESPAÑOL

EXEMPLOS:

Matemáticas 1º Ciclo: 2 xogadores compiten para ver quen é quen de chegar á meta respostando preguntas de matemáticas para o 1º Ciclo de Primaria.
  
Matemáticas 2º Ciclo: 2 xogadores compiten para ver quen é quen de acabar coas súas boliñas respostando preguntas de repaso de matemáticas para o 2º Ciclo de Primaria.
  
Matemáticas 3º Ciclo (carreira de formigas): 2 xogadores compiten para ver que formiga sae antes do formigueiro respostando preguntas de repaso de matemáticas para o 3º Ciclo de Primaria.
  
Matemáticas 1º Ciclo da ESO: 2 xogadores compiten para ver quen completa antes a súa tarxeta coa cor correspondente respostando preguntas de repaso de matemáticas para o 1º Ciclo da ESO.
  
Galicia: 2 xogadores compiten para ver quen resposta máis preguntas sobre Galicia. Todas as preguntas teñen unha axuda para navegar pola rede e ampliar coñecementos. Pensado para alumnos do 3º Ciclo de Primaria ou da ESO.
  
Instrumentos musicais: Para 1 xogador. Xogo de recoñecemento de sons de instrumentos musicais. Hai que completar as 10 notas do pentagrama.
  
O mundo do Cómic: Para 1 xogador. Xogo para traballar todo o relacionado co mundo do cómic preferentemente en España. Hai que completar os dez cromos do álbum. Todas as preguntas permiten navegar pola rede para ampliar coñecementos.
  
Vai estalar a Paz!: Para 1 xogador. Xogo para traballar o Día da Paz respostando preguntas sobre a Paz no Mundo. Utilízase o simil da última bomba da que non sae terror e destrución senón unha pomba. Todas as preguntas permítennos navegar pola rede para ampliar coñecementos.
  
Food: Para 2 xogadores. Xogo para traballar o vocabulario en inglés dos alimentos. Gaña quen coma antes todo o do prato.
  
Javascript Galicia: Con todos os xogos anteriores podemos crear un formulario similar a este exemplo.
  
Nature Trail  é un programa para un xogador no que terá que amosar o vocabulario que posúe en inglés sobre termos relacionados coa natureza. Utilizamos para elo fotos do CEIP O Piñeiriño, moi sensibilizado polo Medio Ambiente. Con cada pregunta acertada, a rá dará un salto. Gañamos cando non quedan rochas a saltar e a rá ten que meterse na lagoa. Pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son.
  
Nature Trail 2 é o mesmo xogo anterior pero pensado para competir entre 2 xogadores. Aquí unha rá amarela e unha rá verde compiten para ver quen é quen de saír da lagoa e comer unha mosca que está situada fóra. As preguntas son as mesmas da aplicación anterior (polo tanto en inglés e relacionadas coa natureza). Está pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son.
  
O nome das cousas:  Dora a Exploradora quere chegar xunto ao seu amigo Botas e para elo ten que acertar cinco preguntas correctamente sobre a letra na que comezan unha serie de obxectos cotiás. Está pensado para alumnos e alumnas de Infantil de 5 anos ou 1º de Primaria onde os nenos están iniciándose na lectura. Está feito co software "proxecto Xogamos?" . Moi recomendable aplicar na PDI (Pizarra Dixital Interactiva) para o cal o panel coas respostas está situado na parte inferior da pantalla para que os nenos poidan chegar facilmente.
  
Xosé María Álvarez Blázquez: Xogo para dous xogadores que compiten para ver quen chega antes á Catedral de Santiago respostando preguntas sobre a vida e obra do autor homenaxeado neste ano 2008 no "Día das Letras Galegas".
  
O mundo do circo: Xogo para un xogador. Terás que recoñecer seis traballos artísticos relacionados co mundo do circo (considerado por algúns como o maior espectáculo do mundo) dun total de 12 videos. Dependendo da conexión a internet hai que esperar máis ou menos a que cargue o video.
  
O xogo de Samaín: Xogo para un xogador. Resposta correctamente a 12 preguntas sobre esta celebración en Galicia e completa un crebacabezas. Polos compañeiros do CEIP Manuel Fraga en Cariño.

 


Comments